O primeiro equipo inicia a pretempada este xoves ás 10h na Madroa
O Celta 2014/2015 quenta motores. O adestrador céltico Eduardo Berizzo e os seus catro axudantes xa están en Vigo dispostos a tomar as rendas do primeiro equipo. A pretempada arrancará este xoves nas instalacións deportivas da Madroa ás 10:00, hora á que foron citados os futbolistas celestes.
Eduardo Berrizzo chega ao Celta acompañado por catro profesionais da súa total confianza. Gustavo Onaindía exercerá de técnico axudante xunto ao analista Ernesto Marcucci, Carlos Kisluk adestrará aos porteiros e Pablo Fernández, preparador físico, será o encargado do estado de forma dos futbolistas celestes. Todos eles traballaron có adestrador arxentino no pasado, profesionais de sobrada experiencia que xa preparan o regreso ao traballo do equipo.
O Celta B tamén comezará a pretempada mañá. Os canteiráns exercitaranse nas instalacións deportivas da Madroa dirixidos por Fredi Álvarez, novo adestrador do filial celeste.
Na foto (de esq. a der.): Ernesto Marcucci, Pablo Fernández, Eduardo Berizzo, Miguel Torrecilla, Carlos Kisluk e Gustavo Onaindía