Primeiro Equipo

Pablo Hernández: talento, potencia e chegada para o Real Club Celta

RC Celta

presi-pablohdz-firma.jpg

A presentación do xogador será este venres ás 12 do mediodía no estadio de Balaídos

 

VÍDEO EN CELTATV

O Real Club Celta pechou a segunda contratación para a ilusionante tempada 2014/2015. O internacional chileno Pablo Hernández, centrocampista de 27 anos e 1,85 m. de estatura, será celeste o próximas catro tempadas. O xogador, nacido en Arxentina, procede do club chileno O’Higgins, onde participou de maneira decisiva na consecución do primeiro título de Liga da historia desta entidade. Representantes de O’Higgins estiveron presentes esta mañá na sede social do Celta para pechar o acordo definitivo.

 

Pedro Pablo Hernández (San Miguel de Tucumán, Arxentina, 24 de outubro de 1986) é xa xogador do Real Club Celta, que con esta incorporación garante potencia, chegada e talento no centro do campo.

 

O medio celeste proclamouse campión da liga chilena con O’Higgins tras converterse no segundo máximo goleador do equipo e cunha decisiva participación, xa que anotou o gol do triunfo na final ante Universidade Católica.

 

Tras xogar en equipos como o Defensor Sporting uruguaio, DC United de Estados Unidos e Arxentinos Juniors, Hernández debutou con O’Higgins en agosto de 2013. O 7 de setembro anotou por primeira vez un hat-trick nun partido de Copa Chile. O 10 de decembro, na súper final contra Universidad Católica do Torneo Apertura 2013, anotou o gol do triunfo que significou o primeiro título do Club Deportivo O’Higgins. O 22 de Xaneiro do presente ano foi convocado á Selección De Chile contra Costa Rica, partido no que anotou 2 goles.

 

Formou parte da lista de 30 xogadores para o Mundial, pero tivo que abandonar a concentración por mor dunha lesión muscular sufrida nun adestramento do combinado nacional chileno.

 

A presentación do xogador terá lugar este venres ás 12h do mediodía no estadio de Balaídos.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas