Primeiro Equipo

O Celta celebra os cen anos de historia do Rápido de Bouzas

RC Celta

centenariorapidobouzas.jpg

Os dous equipos vigueses disputarán un amigable o martes 29 de xullo no Campo de Barreiro

 

O RC Celta engade un novo compromiso á súa pretempada, nesta ocasión marcado no calendario con especial agarimo. Os celestes enfrontaranse ao Rápido de Bouzas o martes 29 de xullo no Campo de Barreiro có centenario do conxunto boucense como telón de fondo. A recaudación do partido, cuxa hora está pendente de definirse, será en beneficio do equipo aurinegro.

Con cen anos de historia e unha importante e sólida labor de canteira, o Rápido de Bouzas é un club referente tanto no panorama futbolístico vigués como galego. Entre os logros recentes dos boucenses destaca a consecución da Copa Federación de Galicia na tempada 2012-2013.

Este encontro de preparación únese aos xa anunciados ante o Norwich City e o Wolverhampton Wanderers, partidos que os célticos disputarán o 1 e 2 de agosto respectivamente durante a xira do equipo celeste polo Reino Unido.

www.rapidodebouzas.com

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas