O club quere agradecer aos afeccionados o seu apoio esta tempada co gran colofón da xornada festiva do domingo
A resposta, comportamento e alento do celtismo na festa do 90 aniversario do club e no último partido da tempada en Balaídos foron, como no resto deste ano inesquecible, espléndidos e modélicos. O Real Club Celta quere expresar o seu máis sincero agradecimiento á afección celeste polo seu apoio ao equipo durante a tempada, cun colofón espectacular na xornada deste pasado domingo.
Desde mediodía ata medianoche, doce horas de celtismo puro nunha xornada especial polo peche dos actos do 90 Aniversario e a despedida da tempada en Balaídos. A afección celeste demostrou unha vez máis que a súa paixón polo Celta non ten límites, que o sentimento celtista converte os momentos de sufrimento e dificultade en inmensas oleadas de apoio e os de éxito e celebración en indescriptible felicidade, sempre cun denominador común: a unión.
DJ Charlie acendeu a chama antes de dar paso a A Roda e estes a The Hendersons, Broken Peach e Los Cacikes para que Miguel Costas e a súa banda elevasen máis os ánimos antes do partido e Panorama multiplicase a felicidade despois. Música, actividades e atraccións nun Balaídos plagado de celtistas de todas as idades, desde aqueles recentemente bautizados ata os que, curtidos, gozan simplemente vendo gozar aos que chegan.
Houbo hinchables e actividades para os nenos, actuacións, gastronomía e música para todos e moito fútbol no céspede, cunha gran vitoria ante o Real Madrid que colocou ao Celta na oitava posición da táboa. Houbo repaso a 90 anos de historia nos videomarcadores, co equipo protagonista da última páxina atento sobre o campo, e espectáculo pirotécnico. Houbo, sencillamente, celtismo.
A xornada deixou imaxes e sons espectaculares, algúns deles identificativos de Balaídos e da súa afección: o himno a capella, o mosaico, o bufandeo, a Rianxeira e dúas palabras cheas de significado nunha pancarta na grada de Marcador: Grazas equipo. Faltan outras dúas: Grazas afección.