O R.C.Celta organizou este evento con motivo da visita do Málaga Club de Fútbol
O Estadio de Balaídos foi esta mañá escenario dun encontro de empresarios andaluces e galegos organizado polo Real Club Celta con motivo da visita do Málaga Club de Fútbol. Ao evento asistiron numerosos representantes das firmas colaboradoras co conxunto malagueño e co club anfitrión, que tiveron a oportunidade de coñecer a nova zona de empresas do estadio e de realizar unha completa visita ás instalacións de Balaídos.
O Real Club Celta continúa desta maneira exercendo de axente dinamizador da economía da cidade e de Galicia con este tipo de actos que teñen o seu eixo na zona de empresas creada no estadio vigués.