p>
O presidente, Carlos Mouriño, entregoulle unha metopa e unha camisola asinada polos xogadores
O presidente do Real Club Celta, Carlos Mouriño, e o consello de administración do club ofreceron hoxe na zona de empresas de Balaídos unha recepción ao presidente de Banesco, Juan Carlos Escotet, a quen acompañou o conselleiro delegado de Novagalicia, Francisco Botas, e outros responsables da entidade.
Carlos Mouriño fixo entrega a Juan Carlos Escotet dunha metopa do club e dunha camiseta do primeiro equipo asinado polos integrantes do plantel celeste.
Os responsables de Banesco e Novagalicia presenciaron posteriormente o partido ante o Atlético de Madrid no palco de autoridades.