Primeiro Equipo

Augusto Fernández, convocado por Arxentina, achégase ao soño mundialista

RC Celta

Augusto_-_Celta-Valencia_13-14.jpg

O céltico aséntase na albiceleste e entra na última lista antes da definitiva para o Mundial

 

Augusto continúa convencendo ao seleccionador nacional de Arxentina e achégase ao soño mundialista. O centrocampista celeste foi convocado para participar no amigable que a albiceleste disputará ante Romanía o 5 de marzo en Bucarest, última cita internacional antes de coñecer a lista definitiva para a Copa do Mundo, que se celebra este verán en Brasil.

 

O combinado arxentino xogará en xuño outros dous amigables, ante Trinidad e Tobago e Eslovenia, pero xa coa convocatoria definida para o Mundial. A posibilidade de ver polo menos a dous futbolistas celestes no maior torneo internacional de seleccións é cada vez máis próxima, xa que onte tamén se anunciou o regreso de Fabián Orellana á selección de Chile, clasificada para o campionato do mundo.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas