O centrocampista celeste foi premiado coa ‘Carabela de Prata’ en la ‘XXII Gala do Deporte Ferrolán”
O futbolista do primeiro equipo Álex López foi elixido onte como mellor deportista ferrolán da tempada 2012/2013 na ‘XXII Gala do Deporte Ferrolán’. O irmán do xogador celeste recolleu a Carabela de Prata nun multitudinario acto celebrado no Teatro Jofre e que organiza cada ano o Concello de Ferrol.
Álex López impúxose nas votacións finais do galardón á xogadora de fútbol sala Lidia Mesías e a atleta Claudia Rojo: “síntome moi feliz e orgulloso por recibir este premio”, asegurou o centrocampista céltico, que felicitou na súa conta de Instagram a todos os premiados.