Primeiro Equipo

Íñigo López: “é unha honra e un privilexio vir ao Celta de Vigo”

RC Celta

Iñigo_Lopez_presentacion_270114.jpg

p>

O defensa central foi presentado esta mañá na Madroa: “veo un equipo cun futuro enorme”

 

 VIDEO DA PRESENTACIÓN EN CELTATV

 

O Real Club Celta presentou esta mañá na Madroa á súa primeira fichaxe invernal da presente tempada, Íñigo López, defensa central que chega a Vigo en calidade de cedido polo PAOK grego.

O defensor estivo acompañado pola conselleira Carmen Avendaño, quen deu a benvida ao xogador en nome do club, e o director deportivo Miguel Torrecilla, quen definiu ao defensor como “un xogador de experiencia importante, coñecedor da categoría e de situacións difíciles”. Torrecilla destacou o seu “gran manexo nas dúas áreas e o seu envexable xogo aéreo”.

Íñigo López asegurou que “é unha honra e un privilexio chegar a un club como o Celta. Agradezo a aposta que se fai por min”. O futbolista rioxano mostrou ante os medios a súa “ilusión e ganas tremendas por conseguir o obxectivo. Vir a Vigo supón volver ao fútbol de primeiro nivel”. Preguntado pola súa valoración sobre o conxunto celeste, o xogador declarou que ve “un equipo novo, con ganas e que tenta xogar ben. Hai un potencial e un futuro enorme”.

Tras a rolda de prensa Íñigo López vestiuse por primeira vez o equipamento celeste e realizou a habitual sesión fotográfica no campo de adestramento do primeiro equipo na Madroa.

 

Fotografía: Marta Grande

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas