Primeiro Equipo

Samuel recibe a alta médica tras case seis meses desde a súa operación

RC Celta

samu_1314.jpg

O central lesionouse o ligamento cruzado e o menisco do xeonllo dereito ao inicio da pretempada

 

Tras case seis meses desde a súa operación, o central céltico Samuel Llorca recibiu esta mañá a alta médica. O xogador celeste, que xa leva unhas semanas integrado no traballo có grupo, xa está a disposición do adestrador Luis Enrique. Samuel sufriu unha rotura do ligamento cruzado anterior e do menisco interno do xeonllo dereito aos pocos días de comezar a pretempada, tras superar a anterior campaña unha lesión similar no seu xeonllo esquerdo.

 

Por outra banda, o canteirán David Costas, que onte exercitouse ao marxe por unha bursite no hombreiro esquerdo, tamén recibiu a alta médica e poderá participar no partido ante o Valencia CF deste sábado (18.00 horas, Balaídos).

VFATIMA.jpg

Venres 10 de xaneiro de 2014

 

SAMUEL

Diagnóstico: rotura do ligamento cruzado anterior e menisco interno do xeonllo dereito.

Tratamento: quirúrxico.

Observacións: intervención quirúrxica o 17/07/13. Adestramento normal có grupo sen restricións. ALTA.

 


 

 DAVID COSTAS

Diagnóstico: bursite hombreiro esquerdo.

Tratamento: médico e fisioterapia.

Observacións: adestramento normal có grupo con molestias mínimas non limitantes. ALTA.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas