O xogador da escola do Celta en México engrosa a lista de internacionais celestes
A base futbolística do club continúa medrando, mesmo a quilómetros de distancia da Madroa. A canteira celeste suma un novo internacional nas súas filas co mozo centrocampista Mario Hurtado, futbolista da Escola de Fútbol do Real Club Celta en Campeche (México), que foi preseleccionado pola Selección de México Sub-15 para participar en adestramentos oficiais de cara ao ‘Torneo de Forzas Básicas’.
A Federación Mexicana de Fútbol é a organizadora deste campionato, no que Mario Hurtado, de catorce anos de idade, tería a oportunidade de ser seleccionado para formar parte da lista de futbolistas que participen na fase clasificatoria ao Campionato Mundial Sub-15.
Por outra banda, Javier ‘Meteoro’ Que Delgado, outro novo valor da escola céltica de Campeche, reforzará ao Celta Xuvenil División de Honra a partir do próximo mes de xaneiro. O dianteiro campechano adestrouse durante o pasado verán nas categorías inferiores celestes e convenceu aos técnicos grazas ás súas calidades físicas e técnicas.
O proxecto de fútbol base do club e a súa filosofía de canteira progresan a pasos axigantados, con continuos recoñecementos en forma de convocatorias internacionais e prometedores futbolistas que, desde os seus primeiros pasos futbolísticos, crecen e moldéanse baixo os valores celestes.