Primeiro Equipo

O Celta, cun bo partido, toma vantaxe na Copa

RC Celta

cel-ath_copa_1314.jpg

Dobregou con xustiza ao Athletic Club cun gol de Santi Mina. Debutou Mario Bermejo 

 

Gran partido en Balaidos na ida dos dezaseisavos de final da Copa con merecida vitoria dun Celta que foi a máis e superou por completo ao Athetic na segunda metade. Santi Mina, de aniversarios, foi o autor do gol celeste nun día no que debutou Mario Bermejo tras a súa longa lesión. Boa vitoria sen encaixar para encarar o partido de volta.

 

Bo arranque do Celta, con dominio, precisión no toque e unha presión adiantada que daba froitos. Os celestes buscaron desde o inicio a área rival, ben tapada por un ordenado conxunto que buscaba saídas rápidas á contra.

 

O partido tiña ritmo, pero non ocasións. Ningún dos dous equipos era capaz de chegar con claridade á zona de perigo. Cando chegou o Athletic, dous remates de socato, Sergio luciuse. Ían 19 minutos de xogo e foi a primeira oportunidade do partido cunha gran resposta do porteiro celeste.

 

O choque, vistoso, estaba igualado, con alternativas e repartición da posesión. Orellana probou desde a frontal aos 26 minutos cun disparo que saíu preto do pau esquerdo de Herrerín. Álex López lanzou pouco despois ás mans do porteiro visitante. O Celta chegaba ben, con boas combinacións, á área rival.

 

Tamén o facía o Athletic, que aos 36 minutos tivo unha boa ocasión a balón parado que San José non aproveitou. Aos 40 minutos, espléndido pase de Jonny a Santi Mina, cuxo remate despexou Herrerín. Gran ocasión para os célticos.

 

Tras a continuación, o Celta pido marcar aos 8 minutos cun remate de Nolito, tras un gran caneo, que saco a zaga. Os celestes acosaron na fase inicial ao Athletic, que achicaba como podía ante o firme empuxe céltico. Herrerín salvou aos seus con varias intervencións, entre elas un bo cabezazo de Santi Mina a saída dun córner.

 

Os vigueses dominaban con claridade na segunda parte, na que acumulaban chegadas e ocasións. Aos 25 minutos, Santi Mina aproveitou a súa e bateu a Herrerín tras recoller a súa propio rexeite. Xusto premio para os célticos e gol do canteirán o día dos seus 18 aniversarios.

 

Tras o tanto, cambios no Celta, co debut esta tempada de Mario Bermejo.

 

FICHA TÉCNICA

 

1-R.C.Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Costas (J.Vila. min.63), Jonny, Krohn-Dehli, Álex López, Rafinha (Madinda, min.68), Orellana (Bermejo, min.77), Nolito e Santi Mina

 

0-Athletic Club: Herrerín,  Iraola, San José, Gurpegui, Balenziaga, Mikel Rico, Iturraspe, Ander Herrera (De Marcos, min.76), Muniaín, Susaeta (Ibai, min.65) e Toquero (Aduriz, min.76)

 

Goles: 1-0, min.71: Santi Mina

 

Árbitro: Pérez Montero, do comité andaluz. Amonestou a Rafinha, Kron-Delhi, Jonny, Álex López, Muniaín, Mikel Rico

 

Campo: Balaídos, 20.585 espectadores

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas