Acabou caendo cando sufriu a expulsión de Fontás e tras un tanto en claro fóra de xogo (4-3)
Non tivo sorte o Celta en Anoeta, onde foi notablemente e cruelmente prexudicado ao encaixar un gol en fóra de xogo, outro tras unha falta inexistente e a expulsión de Fontás cando ía gañando de forma clara e merecida por un a tres. Acabou caendo de forma lastimosa e inxusta.
Intercambio de golpes desde o principio, con dous equipos envorcados en ataque e chegadas constantes. A Real acertou nun erro na saída de balón celeste. Robou ao borde da área e Vela rematou a xogada. Ían só cinco minutos de xogo e o Celta pagara moi caro o seu erro.
Álex López, no seu segundo remate no partido, a punto estivo de empatar pouco despois, pero o seu disparo saíu lixeiramente desviado. Os celestes buscaron igualar o encontro con ambición e empuxe. E lográrono de forma merecida. Gran xogada desde a banda esquerda, centro magnífico de Jonny e espectacular cabezazo cruzado de Rafinha para empatar o choque.
Despois, grave erro do colexiado. Piscinazo tremendo de Vela na frontal que acabou cunha falta perigosa e amarela para Cabral… Yoel despexou ben o lanzamento de Girezmann
O Celta en ataque é puro espectáculo. Aos 27 minutos, Nolito amaga, amorna e envía a Augusto, quen de forma espléndida habliita a Álex López. O canteirán penetra e marca cun gran disparo axustado ao pau.
A Real tentou volver equilibrar o partido con ganas e empuxe, pero non lograba xerar perigo sobre a área celeste. Fíxoo Vea cunha gran arrancada desde medio campo, pero Yoel, cunha fantástica parada, evitou o tanto. Griezmann tampouco acertou aos 42 minutos tras unha serie de rexeites na área. Ao descanso, mínima vantaxe celeste.
Tras a continuación, Charles a punto estivo de marcar de cabeza nunha xogada de estratexia, na que o seu remate saíu alto. Por certo, o dianteiro foi golpeado polo porteiro na área e co balón en xogo.
A Real empuxaba e o Celta contragolpeaba con perigo nun partido de gran ritmo e con alternativas, espectacular. Rafinha, potencia, calidade, talento… anotou o terceiro. Ao once minutos, pelexou, aguantou o coiro e fusilou a Bravo na interior da área. Bo gol do brasileiro.
Pero doutro piscinazo, nesta ocasión de Prieto, naceu o segundo gol donostiarra. Falta desde a lateral da área e cabezazo de Vela. Non existiu a infracción que orixinou o tanto do mexicano, quen rematou na área pequena á rede. Aínda por riba de males, Muñiz expulsou a Fontás por unha falta no centro do campo. O Celta quedaba con dez con moito tempo por diante.
A real meteu máis dinamita e comezou a súa acoso para tratar de voltear o resultado ante un conxunto vigués en inferioridade e acusando o esforzo. Difícil tarefa para os visitantes.
Vela marcou o seu terceiro tanto nunha xogada embarullada aos 32 minutos en claro fóra de xogo. Lamentable. O Celta, descomposto con tantos paus, recibiu o cuarto pouco despois do demoledor Carlos Vela.
O Celta sacou forzas de fraqueza e tentou polo menos sumar un punto, aínda que o pau era difícil de dixerir. Non tivo éxito.
FICHA TÉCNICA
4-Real Sociedad: Bravo, Zaldua, Mikel (Aguirretxe, min.66), Iñigo, De la Bella, Markel, Zurutuza (Rubén Pardo, min.37), Xabi Prieto, Chory Castro, Vela e Griezmann
3-R.C.Celta: Yoel, Hugo Mallo, Jonny, Cabral, Aurtenetxe, Fontás, Álex López (Madinda, min.78), Rafinha, Augusto, Nolito (David Costas, min.69) e Charles (Santi Mina, min.71)
Goles: 1-0, min.5: Vela; 1-1, min.23: Rafinha; 1-2, min.27: Álex López; 1-3, min.56: Rafinha; 2-3, min.61: Vela; 3-3, min.77: Vela; 4-3, min.80: Vela
Árbitro: Muñiz Fernández, do colexio asturián. Expulsou a Fontás con dobre amarela (min.65) e amonestou a Xavi Prieto, Markel, Cabral e Yoel
Campo: Anoeta