Os servizos médicos do club descartaron onte que o xogador sufrira unha fractura no peroné
Aurtenetxe podería sufrir unha escordadura de sindesmosis do nocello dereito. Os servizos médicos do club realizaron unha radiografía ao xogador onte no Hospital Vithas Fátima, tras o encontro ante o Barcelona, que descartou calquera fractura no peroné dereito. Ao longo do xoves realizarase unha resonancia magnética para confirmar o diagnóstico.
Fotografía: Diego Pérez