Os afeccionados máis novos poden adquirir billetes desde 15 euros en Marcador ata 25 en Río
A oficina de abonados pon á venda desde hoxe as entradas para o partido RC Celta-Villarreal CF, correspondente á xornada 5 de Liga, que se disputará o domingo 22 de septiembre ás 17:00 horas no Estadio de Balaídos.
Tras o parón ligueiro e a estrea do Novo San Mamés o fútbol de Primeira regresa a Vigo tres semanas despois, unha ocasión inigualable para apoiar ao equipo e observar a súa evolución ante un rival que no arranque ligueiro destacou pola súa calidade e bos resultados, o Villarreal CF. O importe dos billetes para este apaixoante encontro oscila entre os 25 euros de Marcador e os 50 de Tribuna, mesmos prezos que nos anteriores partidos celebrados en Balaídos. Os afeccionados máis novos poderán beneficiarse duns prezos reducidos na categoría Sub-24: 15 euros para as bancadas de Marcador, Gol e Preferencia e 25 para Río Alto e Baixo.
A oficina de abonados despachará entradas ata o venres, en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas. O sábado as entradas poderán adquirirse nos despachos de billetes do estadio no mesmo horario, mentres que o domingo permanecerán abertos desde as 10 ata o inicio do partido, de maneira ininterrumpida. Ademáis, as entradas xa están dispoñibles no despacho de billetes virtual, accesible as 24 horas os sete días da semana: www.celtavigo.org/taquillaCelta
|
ENTRADAS |
|
ADULTO |
SUB 24 |
|
TRIBUNA |
50 |
NON DISPOÑIBLE |
RÍO ALTO |
40 |
25 |
RÍO BAIXO |
40 |
25 |
PREFERENCIA |
35 |
15 |
GOL |
25 |
15 |
MARCADOR |
25 |
15 |
FONDO |
NON DISPOÑIBLE |
NON DISPOÑIBLE |