Primeiro Equipo

Aurtenetxe: “Tiña máis opcións, pero para min a do Celta é a mellor, estou moi contento”

RC Celta

Aurtenetxe_01.jpg

O defensa foi presentado esta mañá na Madroa como novo xogador celeste

 

“Todo o mundo animoume a que viñese ao Celta. Tiven algunha outra oferta, pero para o meu esta era a mellor. Estou moi contento”, afirmou esta mañá o novo xogador do Real Club Celta Jon Aurtenetxe, quen foi presentado nas instalacións deportivas da Madroa polo vicepresidente céltico, Pedro Pousada, e o director deportivo do club, Miguel Torrecilla.

 

Pedro Pousada destacou que Jon Aurtenetxe, cedido esta tempada polo Athletic Club, “é un dos mellores xogadores que podiamos traer, novo, con 21 anos, con moita experiencia en Primeira División. Desexamos todos nós e a nosa afección que senta como sentiría no seu club, que senta feliz no Real Club Celta”.

 

Pola súa banda, o director deportivo celeste precisou que “a nosa intención era traer un xogador con polivalencia, que poida xogar de central e en ocasións de lateral”.

 

“É un futbolista que ten boa saída de balón e que se adapta perfectamente á polivalencia que buscamos. Queremos agradecerlle que elixise o noso club porque tiña varias opcións e sentímonos moi orgullosos de que nos elixiu”, engadiu.

 

O novo defensor celeste subliñou que “todo o mundo faloume moi ben da cidade, do club, da xente que hai aquí. Houbo moitos xogadores que xogaron en Atheltic e celta e todos me animaron para que viñese aquí. É verdade que tiña algunhas outras ofertas, pero esta era a mellor para min”.

 

“O míster é quen ten que decidir en que posición me utilizará. Está claro que podo xogar nas dúas posicións. Nas categorías inferiores hei xogado máis de central e ultimamente máis de lateral, o míster decidirá”, apuntou Aurtenetxe, quen indicou que “a xente acolleume moi ben é como unha familia, todos son amigos dentro do vestiario e estou moi concento”.

 

“Fixen a pretemporada e fisicamente atópome ben e o míster decidirá se podo ir a Sevilla ou non”, comentou o defensa céltico, quen recoñeceu que “no primeiro partido o celta gustoume moito, a pesar do empate as sensacións foron moi boas e a ver se se pode seguir así”.”

 

“En Vigo sentinme como en casa, hai un clima parecido, a cidade está moi ben e non terei problema”, concluíu.

 

Aurtenetxe_03.jpg

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas