Primeiro Equipo

O Celta adxudícase o XVIII Memorial Quinocho desde a quenda de penaltis

RC Celta

celta_southampton_3813.jpg

Empate sen goles nun partido con alternativas e ocasións para ambos equipos 

 

Empate sen goles no XVIII Memorial Quinocho, que caeu do lado do Real Club Celta desde a quenda de penaltis. Partido disputado, con alternativas e boas ocasións, aínda que escasas, para ambos. Ensaio positivo e valioso para o conxunto de Luís Enrique.

 

Moi pronto, a primeira chegada celeste. Á saída dun saque de esquina Fontàs rematou de lonxe e o coiro estrelouse no traveseiro. Os célticos mostraron unha extraordinaria velocidade na saída tras cada recuperación de balón. E así foron chegando con claridade no tramo iniciual do choque. O rival, lonxe de meterse atrás, buscaba tamén con decisión a meta de Yoel, que viviu con certa tranquilidade esta fase de xogo.

O Southampton discutiulle o coiro aos celestes e en diversas fases logrou acaparar a posesión e xerar perigo. Jay Rodríguez desperidició aos 21 minutos unha clara ocasión. quedou só ante Yoel e rematou desviado.

 

Non estaba cómodo o Celta, que non lograba alargar as súas posesións e custáballe recuperar o coiro. Con media hora cumprida, escaseza de ocasións. No tramo final, os vigueses mostráronse máis incisivos e precisos na combinación e volveron chegar con claridade á área rival, aínda que sen culminar con acerto. Augusto a punto estivo de marcar aos 41 minutos tras unha boa xogada pola esquerda e un centro de Toni. O cabezazo do arxentino saíu moi preto do pau.

 

Tras o descanso, gran coasión para Augusto. Gran envío de Toni e remate do arxentino que atrapou o gardameta inglés. O Celta mellorara as súas prestacións.Os célticos combinaron conm velocidade e meteron ao Southampton atrás nunha longa fase desta segunda metade.

 

Non houbo goles e por tanto, quenda de penaltis, que lle outorgou o Quinocho ao cadro local. Polo Celta anotaron David, Orellana, Álex López e Goldar. O conxunto inglés lanzou fóra o primeiro, Guly do Prado, e Sergio detivo o segundo de James Ward. Steven Davis, anotou o terceiro.

 

FICHA TÉCNICA

 

0-R.C.Celta: Yoel (Sergio, min.46), Hugo Mallo (Jonny, min.70), Cabral (Goldar, min.58), Fontás (Tuñez, min.58), Toni (Bellvís, min.58), Oubiña (Vila, min.58), Rafinha (Orellana, min.16), Kronh-Dehli (Borja Fernández), min.58), Augusto (Levy, min.58), Nolito (Álex López, min.58) e Charles (David, min.58)

 

0-Southampton F.C: Kelvin Davis, Yoshida, Schneiderlin, Lovren, Lambert, Jay Rodríguez, Gaston Ramírez, Wanyama, Lallana, Chambres y Shaw. También jugaron Jason Puncheon, Jack Corn, Steven Davis, Enmanuel Mayuka, Guly do Prado, James Ward-Prowse, José Fonte e Jos Hooiveld

 

Árbitro: Iglesias Villanueva

 

Campo: Estadio de Balaídos, 9.361 espectadores. Antes do comezo do partido gardouse un minuto de silencio na memoria das vítimas do accidente de tren de Santiago.

 

Foto: Diego Pérez

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas