No seu primeiro día á venda a tenda despachou unhas 500 prendas da primeira e a segunda equipación
Os afeccionados celestes recibiron con entusiasmo as equipacións do Real Club Celta para a tempada 2013/2014. As camisetas deseñadas por Adidas foron todo un éxito no seu primeiro día á venda, no que a tenda rexistrou unha enorme actividade ao longo de todo o día.
O establecemento celeste, que reabriu onte as súas portas con imaxe acorde á da marca alemá, despachou ao redor de 300 camisetas da primeira equipación e unhas 200 pezas da segunda. A terceira equipación e outros produtos de Adidas tamén se poden adquirir na tenda oficial, situada no estadio de Balaídos.
O horario de atención ao cliente mantense no habitual, de luns a sábado entre as 10:00 e as 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. Próximamente a tenda recibirá máis material de Adidas, que estará tamén á venda en www.tiendacelta.com