Coa súa continuidade queda prácticamente pechada a estrutura deportiva do primeiro equipo
Miguel Torrecilla, director deportivo do Real Club Celta, continuará unha tempada máis na entidade viguesa, segundo o acordo pechado esta tarde por ambas as partes. Coa continuidade de Torrecilla, queda practicamente pechada a estrutura deportiva do primeiro equipo de cara á campaña 2013/2014.
O director deportivo celeste expresou a súa satisfacción por “poder seguir no Real Club Celta despois de catro anos. É unha gran alegría poder seguir neste club, no que atopei un gran agarimo”.
Indicou que “o reto que me expoño é o de consolidar o proxecto en Primeira División, apontoando todo o traballo realizado pola secretaría técnica durante os últimos anos”.
“Este é o proxecto no que máis me estabilicei e espero levalo a bo termo para poder seguir traballando na que xa considero a miña casa”.