Os abonados aos que lles corresponda teñen ata o 7 de marzo para retirar o seu suplemento
O ritmo da venda de entradas para o partido de Liga ante o Real Madrid que se disputará en Balaídos o domingo 10 de marzo (19.00 horas) incrementouse de xeito notable nos últimos días, con preto de 2.500 billetes despachados e a Grada de Preferencia esgotada. O club recórdalles aos abonados de tempada que renovaron ou se deron de alta despois do 15 de xullo e aos anuais que o fixeron despois do 20 de decembro, que deberán retirar na oficina de abonados un suplemento para este choque antes do xoves 7 de marzo. O prezo deste suplemento é de 20 euros para a categoría adulto e de 10 euros para o resto.
As entradas poden adquirirse de luns a venres na oficina de abonados, en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, ou a través das taquillas online as 24 horas do día: www.celtavigo.org/taquillaCelta. O sábado 2 de marzo, as taquillas do estadio abrirán de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.
Este partido será Día do Club, polo que os distintos convenios quedan anulados e por iso hai billetes dispoñibles para as gradas de Gol e Preferencia, xa esgotada, ademais de para as habituais, Río e Tribuna.
Tanto para o encontro ante o Real Madrid como para o do F.C.Barcelona, cuxas entradas están tamén á venda, os prezos son de 60 euros nas gradas de Gol e Preferencia, de 80 nas gradas de Río Alto e Río Baixo e de 95 euros na grada de Tribuna. En categoría Sub-23, o custo das entradas é de 45 euros en Gol e Preferencia e de 65 en Río Alto e Baixo.
|
ENTRADAS |
SUPLEMENTO |
||
ADULTO |
SUB 23 |
ADULTO |
SUB23 |
|
TRIBUNA |
95 |
NO DISPONIBLE |
20 |
10 |
RÍO ALTO |
80 |
65 |
||
RÍO BAJO |
80 |
65 |
||
GOL |
60 |
45 |
||
PREFERENCIA |
AGOTADO |
AGOTADO |
||
MARCADOR |
AGOTADO |
AGOTADO |
||
FONDO |
AGOTADO |
AGOTADO |