O canteirán adestrará co combinado nacional entre os días 18 e 20 de febreiro
A canteira céltica continúa aportando xóvenes promesas ás categorías inferiores da selección española. O lateral celeste Jony Castro, integrado na disciplina do primeiro equipo vigués desde comezo da tempada, foi convocado por primeira vez pola selección sub-20 para participar nos adestramentos que o combinado nacional realizará na Cidade do Fútbol de Las Rozas, entre os días 18 e 20 de febreiro.
O xogador regresará a Vigo o mesmo mércores 20, unha vez concluída a concentración coa selección sub-20.