Un Valencia inferior superou aos celestes cun gol de Valdez nos instantes finais do encontro
O Celta caeu no último minuto deas desconto ante a Valencia tras un partido intenso e disputado. Un centro desde a dereita e un cabezazo de Valdez acabou cos celestes no terceiro minuto de desconto cando o empate parecía definitivo.
A Valencia comezou o choque máis metido que o conxunto local, que apenas lograba entrar en contacto co coiro. Os visitantes presionaban arriba e dificultaban a circulación dos celestes, que tardaron en atopar camiños cara á meta de Guaita.
Aos 17 minutos, chegou a mellor ocasión: Roubo fantástico de Orellana, pase a Iago, quen falla na definición ante a meta rival. Pouco despois. Álex López non chegou por pouco a outro envío do moañés.
O Celta sacudiuse o dominio da Valencia e enlazaba xa boas chegadas sobre a área de Guaita. Ao bordo da media hora de xogo, o conxunto vigués controlaba o choque ante unha Valencia que buscaba os camiños máis directos cara a Javi Varas.
Aos 30 minutos, gran remate afastado de Iago Aspas e fantástica parada de Guaita. Boa ocasión para os celestes, moito máis elevado que ao principio do choque e desenvolvendo un bo xogo en moitas fases. No último minuto, o Celta aliouse coa fortuna nunha xogada de estratexia que acabou co coiro no pau de Javi Varas.
Tras o descanso, a Valencia volveu saír máis elevado, pero a primeira chegada clara foi celeste cun remate de Kronh-Dehli que saíu preto do pau dereito de Guaita.
O partido gañara en intensidade, discorría con maior igualdade, sen control claro. Ambos os equipos buscaban a área rival con determinación… podía pasar calquera cousa. Aos 25 minutos, Jonny centrou desde a dereita e Mario Bermejo cabeceou fóra.
Javi Varas despexou, aos 29 minutos, un remate desde preto de Jonas. Gran parada. O partido entrara en e tramo final totalmente aberto. Mario Bemerjo rematou na interior da área e atrapou Guaita… Ao final, no terceiro minuto de desconto, cabezazo de Valdez e vitoria da Valencia.
FICHA TÉCNICA
0-R.C.Celta: Javi Varas, Jinny, Demidov, Túñez, Bellvís, Oubiña, Álex López (Pranjic, mjn.81), Kronh-Dehli, Orellana, Augusto (Mario Bermejo, min.50) e Iago Aspas (Park, min.84)
1-Valencia CF: Guaita, Barragán, Rami, R. Costa, Cissokho (Joao Pereira, min.37), Albelda (Dani Parejo, min.60), Banega, Tino Costa, Feghouli, Jonas (Valdez, min.88) e Soldado
Goles: 0-1: min.93: Valdez
Árbitro: Teixeira Vitienes, do comité cántabro. Amonestou a Oubiña, Iago Aspas, R. Costa, Tino Costa, Barragán, Feghouli
Campo: Balaídos, 18.710 espectadores