Os vigueses encaixaron na primeira metade e dominaron por completo a segunda, pero sen acerto arriba
Aos 13 minutos, Iago Aspas lanzou preto da escuadra unha falta na frontal que Amorebieta, amoestado, cometera sobre o moañés. O dominio do partido era xa dun Celta que ía a máis e chegaba con perigo cada vez que superaba a primeira liña de presión bilbaína.
Ao bordo da media hora, os célticos mantiñan o dominio, pero xa sen xerar perigo coa facilidade anterior. O xogo trasladouse lonxe das áreas, cunha dura batalla na medular que os visitantes gañaban lixeiramente.
Con todo, aos 33 minutos, centro lateral, fallo defensivo e cabezazo de Aduriz a pracer. Vantaxe para un Athletic que non llo cría, xa que era o seu primeiro remate a porta.
Augusto rematou desviado aos 37 minutos nunha boa ocasión para os célticos, apagados nesta fase do encontro, aparvados tras o tanto local. Antes do descanso, o Athletic apertou con varias xogadas a balón parado que a zaga celeste defendeu con solvencia.
Tras a continuación, os locais volveron saír máis metidos no choque que os célticos e nos primeiros instantes volveron pór en aprietos á zaga viguesa. O Celta volveu resistir esa fase inicial e a estirarse ao bordo do dez minutos de xogo.
O Celta logrou encerrar ao cadro vasco na seguinte fase do encontro, acaparando a posesión e roldando a área, aínda que sen chegar a fabricar ocasións claras. O acoso foi crecendo co paso dos minutos, co Athletic moi metido atrás e buscando o contragolpe.
Hugo Mallo sacou debaixo dos paus un cabezazo de Amorebieta tras a saída dun córner aos 23 minutos. Susto para os celestes nunha xogada de estratexia. O empate puido chegar aos 25 minutos: Pase perfecto de Augusto ao oco para De Lucas, pero Iraizoz sacou a man para desbaratar o man a man. Foi a mellor ocasión do partido.
O Celta apertaba con firmeza en busca do empate, merecíao. Oubiña cabeceou desviado á saída dun córner aos 24 minutos nunha nova chegada dun Celta que o tentaba de todas as formas posibles. Tamén o tivo de falta directa pouco despois. Lanzamento desde o pico da área de De Lucas aos 36 minutos excesivamente alto. Xa no desconto, Krohn-Dehli puido empatar cun disparo desde a frontal que rozou o pau esquerdo de Iraizoz.
FICHA TÉCNICA
1-Athletic Club: Iraizoz; Ramalho, Ekiza, Amorebieta, Aurtenetxe, San José, De Marcos, Ander Herrera (Laporte, min.89), Susaeta (Toquero, min.88), Ibai (Muniain, min.75) e Aduriz
0-R.C.Celta: Javi Varas; Hugo Mallo, Jonathan Vila, Túñez, Roberto Lago; Oubiña, Natxo Insa /De Lucas, min.60), Augusto Fernández, Krohn-Dehli; Mario Bermejo (Toni, min.74) e Aspas
Goles: 1-0, min.33: Aduritz
Árbitro: Teixeira Vitienes, do comité cántabro. Amonestou a Amorebieta, San José, De Marcos, Natxo Insa, Augusto e Oubiña
Campo: San Mamés