Renovacións e altas que se fagan ata o 20 de decembro non terán suplemento os Días do Club
O Real Club Celta pon en marcha este martes, 20 de novembro, a campaña de abonos anuais para o ano 2013, que recolle as mesmas condicións e vantaxes que se ofreceron o pasado verán, encamiñadas a premiar a fidelidade dos abonados durante os últimos anos e cuns prezos situados entre os máis baixos de Primeira División.
Aqueles que renoven ou se dean de alta antes do día 20 de decembro non necesitarán suplemento os días do club. Ademais as renovacións ata esa data non terán subida algunha con respecto ao ano pasado, salvo a aplicación por imperativo legal do novo tipo impositivo de IVA, nuns carnés co prezo conxelado durante os cinco últimos anos. O custo da emisión do cartón é de 10 euros.
A partir do 20 de decembro, as renovacións terán o mesmo custo que as altas, aínda que sen a cota que se aplica a estas últimas. En ambos os casos, pagarán suplemento os días de club e os prezos que se aplicarán serán os propios da campaña 2013.
En canto ás altas, tamén terán un prezo sen igual en Primeira División e as que se produzan antes do 20 de decembro tamén estarán exentas do suplemento nos días o club. A cota de alta será de 82 euros para a categoría adulto e de 42 euros para o resto. A partir do día 21 do próximo mes, poranse á venda as entradas e suplementos para os partidos decretados como Días do Club, fronte a Real Madrid e Barcelona.
PREZOS NOVAS ALTAS ANO 2013 |
|
ADULTO SUB-23 SUB-15 MAIOR 65 |
|
TRIBUNA 611 165 385 |
RIO BAIXO 452 175 123 288 |
RIO ALTO 405 170 118 257 |
PREFERENCIA 282 139 93 180 |
GOL 282 133 88 195 |
|
CUOTA ALTA ADULTO 82€ |
CUOTA ALTA RESTO 42€ |
Mantéñense as habituais facilidades de pago a través da tarjeta comercio e crediventa. Os que opten por fraccionar o seu abono poden facelo ata seis meses sen intereses ou en nove e doce cun pequeno cargo.
A campaña inclúe os habituais descontos a accionistas e familias e mantense, só para renovacións, o carné especial para parados na Bancada de Marcador.
Os abonados cos carnés domiciliados recibirán o cargo antes do día 15 de decembro.
O horario das oficinas de abonados será, de luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas.