Ante o Zaragoza, luns ás 21.00; ante o Levante en Balaídos, domingo ás 19.00 horas e a volta da Copa ante o Almería, xoves as 16.30 horas
A Liga de Fútbol Profesional confirmou hoxe os horarios das xornadas 13 e 14 de Líga BBVA. Na primeira delas, o Real Club Celta medirase ao Real Zaragoza na Romareda o luns 26 do presente mes ás 21.00 horas. Na xornada seguinte, os celestes recibirán, o domingo 2 de decembro, ao Levante en Balaídos ás 19.00 horas.
Por outra banda, tamén se coñece o horario do partido de volta dos dezaseisavos de final da Copa do Rei ante o Almería, que se disputará o xoves 29 de novembro ás 19.30 horas no Estadio de Balaídos.