O club envialle unha mensaxe de ánimo e deséxalle unha total recuperación
Infortunio para o central celeste Samuel. A resonancia magnética realizada esta tarde no Hospital Nuestraa de Fátima desvela a existencia da rotura do ligamento cruzado anterior do xeonllo esquerdo do futbolista, unha lesión que, segundo o xefe dos servizos médicos do club, Juan José García Cota, requirirá un mínimo de seis meses de baixa.
Samuel será intervido no Hospital de Fátima polo doutor García Cota a finais desta semana, unha operación que consistirá, segundo explicou o xefe dos servizos médicos celestes, no tratamento sustitutivo do ligamento roto mediante plastia autóloga con tendóns extraídos do propio paciente.
O Real Club Celta quere enviarlle ao xogador unha mensaxe de ánimo e desexarlle unha completa recuperación.