Xornada histórica para o celtismo! O domingo 28 de xaneiro, ABANCA Balaídos acollerá por primeira vez na súa historia dous partidos nun mesmo día. Ás 14:00 horas o RC Celta recibirá ao Girona CF na vixésimo segunda xornada de LaLiga EA Sports (ENTRADAS AQUÍ); e ás 21:00 horas, o Celta Fortuna fará o propio nun emocionante derbi co Deportivo de La Coruña, partido correspondente á xornada 21 de Primeira Federación (ENTRADAS AQUÍ).
Co obxectivo de ofrecer á afección celeste un día único, o club planificou unha serie de actividades na contorna do estadio para este xa coñecido como “Domingo celeste”. Desde pola mañá dispoñerase de pintacaras (12.00 a 13.00h e 17.00 a 20.00h) e da batucada Leña Verde (12.30h a 13.30h e 19.30 a 20.30h) nas inmediacións de Abanca Balaídos.
Tras o partido RC Celta – Girona CF, a festa centenaria continuará fóra co concerto de High Paw (17.00h – 18.15h), o concerto Groove Amigos (18.15h – 19.30h) e DJ antes do inicio do derbi galego.
Ademais, para repoñer forzas, e para que non haxa problemas cos desprazamentos, haberá 2 food trucks desde as 12:00 horas ata as 21:00 horas nos exteriores do estadio. A mellor opción para comer e cear antes dos respectivos partidos.
Un domingo para lembrar nunha tempada centenaria inesquecible para o celtismo. Non o perdas! Vémonos en Abanca Balaídos, afección.
HORARIO DO DOMINGO CELESTE
12:00h – 13.00h DJ (escenario) e Pintacaras (portas estadio)
12.30h – 13.30h Batucada (contorna estadio)
14.00h – 16.00h RC Celta – Girona CF
16.30h – 17.00h DJ (escenario)
17.00h – 20.00h Pintacaras (portas estadio)
17.00h – 18.15h Concerto High Paw (escenario)
18.15h – 19.30h Concerto Groove Amigos (escenario)
19.30h – 20.30h Batucada (contorna estadio)
21.00h – 23.00h Celta Fortuna – RC Deportivo de La Coruña
2 Food Trucks: Desde as 12.00h ata as 21.00h