O RC Celta e o RCD Mallorca repartíronse os puntos en Son Moix. Os galegos, que lograron poñerse por diante no marcador grazas a un gol maxistral de Iago Aspas, volveron a casa sumando unha xornada máis tras un intenso enfrontamento na illa.
No arranque da primeira parte, o equipo celeste mostrou un xogo preciso e veloz. Un dominio total que Iago Aspas plasmou ao abrir o marcador antes dos 10 minutos cun espectacular gol tras roubo de balón de Manu Sánchez e pase medido de Larsen. A pesar da temperá vantaxe, o Mallorca reaccionou e, ao bordo do descanso, devolveu as táboas ao marcador.
Nos seguintes 45, o Celta saltou ao verde con determinación, en busca da segunda vitoria ligueira de 2024. Os celestes tiveron oportunidades, pero non lograron romper a sólida defensa do Mallorca. O duelo converteuse nun enfrontamento rifado ata o asubío final, onde ningún dos dous equipos fíxose cos tres puntos.
Con este empate, o RC Celta suma un tanto valioso e enfócase no seu próximo desafío: o mércores 17 ás 20:00 horas, cando se medirá ao Valencia CF en oitavos da Copa de Rey. Mentres que en LaLiga EA Sports, recibirá na xornada 21 a La Real Sociedad en Abanca Balaídos ás 21:00 horas.
FICHA TÉCNICA:
1- RCD Mallorca: Rajkovic; Maffeo, Giovanni González, Raillo, Copete, Lato (Van der Hayden, min. 79); Antonio Sánchez (Mascarell, min. 69), Samu Costa (Sergi Darder, min. 64) Manu Morlanes (Abdón Prats, min. 69), Dani Rodríguez; Larin.
1- RC Celta: Guaita; Mingueza, Unai Núñez, Carlos Domínguez, Jailson, Manu Sánchez; Tapia, Dotor (Luca de la Torre, min. 79), Carles Pérez (Miguel Rodríguez, min. 46); Aspas (Douvikas, min. 70), Larsen.
Goles: 0-1, min. 9: Iago Aspas; 1-1, min. 42: Cyle Larin.
Árbitro: Víctor Garcia Verdura (comité catalán). Mostrou cartón amarelo aos locais Larin (min. 37), Giovanni González (45+2), Abdón Prats (min. 87) e Copete (min. 89); e ao visitante Larsen (min. 81).
Incidencias: Partido correspondente á vixésima xornada de LaLiga EA Sports disputado no estadio Son Moix ante 21.130 espectadores.