O RC Celta e La Liga, comprometidos unha vez máis coa seguridade dos afeccionados. Un obxectivo común que leva ao club celeste a implantar o Plan de Autoprotección do estadio Abanca Balaídos cumprindo os requirimentos legais da normativa vixente e deseñando os puntos para ter en conta no caso de producirse unha emerxencia.
Á reunión, celebrada o pasado xoves no estadio vigués, acudiu o Coordinador de Seguridade do C.N.P. do RC Celta de Vigo, SAD e Director de Seguridade do mesmo, representantes das empresas Sanitarias, de Seguridade e Servizos, así como Mantemento e Comunicación, e responsable da área de Safety – lntegridad e Seguridade de LaLiga.
Entre outros puntos, na reunión aclaráronse os pasos para seguir se se produce un caso de emerxencia durante os próximos partidos da presente tempada 23/24 en Abanca Balaídos.