O RC Celta xa dispón da súa primeira fichaxe do mercado invernal, que arrinca o próximo día 2 de xaneiro. O medio centro brasileiro Jailson Marques Siqueira (Caçapava do Sul, 7 de setembro de 1995) únese ao conxunto celeste cun contrato ata o 30 de xuño de 2025 máis unha campaña opcional. Jailson é un centrocampista versátil, agresivo sen balón, con gran intuición para roubar e bo manexo do coiro.
Procede do campión da liga brasileira, Palmeiras, co que esta tempada disputou 28 encontros. Conta ademais con experiencia en Europa, xa que militou dúas campañas no Fenerbahce de Turquía. O medio centro chega ao RC Celta cun gran palmarés, xa que ademais de dous títulos de Liga, foi campión da Copa de Brasil e Copa Liberadores, dúas veces da Recopa Sudamericana, dos campionato Gaúcho e Paulista, en dúas ocasións, e da Super Copa de Brasil.
Jailson, quen chega libre, comezou a súa carreira en Gremio de Portoalegre, de onde foi traspasado ao Fenerbahce. Do cadro turco deu o salto á liga chinesa no Dalian para regresar a Brasil e unirse a Palmeiras, onde disputou as dúas últimas tempadas.
Coa chegada do brasileiro, o RC Celta reforza o seu centro do campo cun xogador con ampla experiencia, gran despregamento físico e bo manexo de balón.