Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 455

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 463

Celta Fortuna, imparable ante un duro CE Sabadell FC (4-2) - RC Celta
20231028 FORTUNA_SABADELL-equipo- 80 (1)
A Canteira

Celta Fortuna, imparable ante un duro CE Sabadell FC (4-2)

RC Celta

O Celta Fortuna consegue sumar de tres ante un Sabadell duro de roer e baixo o diluvio de Barreiro (4-2). O cuarto triunfo consecutivo dos celestes lévaos a pasar a noite acomodados na calma ligada ao liderado da Primeira Federación.

O dominio absoluto dos locais protagonizou a primeira parte con múltiples chegadas á área e estiradas de Ortolá, que se converteu no heroe do conxunto catalán ata pasados os 30 minutos. O gardameta mantívose firme ante unh Celta Fortuna que vivía en campo contrario, pero o ceo tinguiuse de gris. As nubes trouxeron consigo un mal agoiro para os visitantes e a primeira pinga foi compaxina á primeira vermella do encontro. O árbitro sinalou pena máxima a Antonio Sánchez tras unha falta na área sobre Alfon e os celestes non tardaron en aproveitar a vantaxe numérica. Cun menos sobre o terreo de xogo, Damián impuxo a lei local marcando o primeiro tanto do partido desde os once metros. Unha alegría fugaz, pois en apenas 5 minutos Pau Resta conseguiría volver igualar o marcador tras unha xogada a balón parado. Con todo, os galegos estaban convencidos de irse ao descanso cos deberes feitos e aproveitaron os 3 minutos de engadido para materializar a súa superioridade; esta vez co disparo dun Alfon case esborrallado na área pequena rival: 2-1.

Á volta dos vestiarios, o CE Sabadell reaccionou valéndose da man de Javi Rodríguez na frontal e convertendo a falta golpeada por Cristian Herrera nun golazo imposible de parar para Ruly. Corrían os minutos e o que nalgún momento foi verde pasou a ser azul. Os xogadores batuxaban tentando xutar un balón que avanzaba a duras penas. Ante a climatoloxía e as ameazas catalás, Claudio Giráldez apostou por un triplo cambio que tivo efecto inmediato. Esta dose de vitalidade levou a Raúl Blanco a marcar o terceiro tanto vigués, na que sería a segunda acción de penalti da tarde, e a Alfon a debuxar unha gran actuación persoal que asinaría co cuarto, e definitivo, gol celeste: 4-2. Nos últimos compases do encontro, os de Gerard Bofill perderían a un xogador máis, Toni Herrero, aínda que pouco podían facer xa.

A Celta Fortuna despídese así da décima xornada, sumando de novo tres puntos e manténdose nos primeiros postos da clasificación. O seguinte choque do filial celeste será ante o Sestao River en Las Llanas o próximo 5 de novembro ás 16:00h.

FICHA TÉCNICA:

4 – Celta Fortuna: Ruly, Javi Rueda, Javi Rodríguez (Manu Fernández, min.58), Yoel Lago, Joel López, Fer López, Damián, Miguel Román (Raúl Blanco, min.58), Dani (Pablo Durán, min.58) y Alfon (Manu Garrido, min.78)

2 – CE Sabadell FC: Ortolá, Astals, Sánchez, Pau Resta, Toni Herrero, Carrión (Pujol, min.46), Domenech (Sander, min.46), Moyano (Vladys, min.75), Herrera (Gualda, min.60), Baselga (Naranjo, min.15) y Manel Martínez.

Goles: 1-0 Damián de penalti (min.41); 1-1 Pau Resta (min.44); 2-1 Alfon (min.45); 2-2 Herrera (min.55); 3-2 Raúl Blanco de penalti (min.63); 4-2 Alfon (min.74).

Árbitro: García Riesgo. Expulsó con tarjeta roja directa a Sánchez (min.32) y Toni Herrero (min.78). Amarilla para los locales Javi Rodríguez y Javi Rueda y los visitantes Manel Martínez y Herrera.

Incidencias: Campo Municipal de Barreiro.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Celta b Novas canteira Novas celta b

Noticias recomendadas