Javi Rueda (Alozaina, Málaga, 8 de maio de 2002) vestirá esta próxima tempada a celeste e militará nas filas da Celta Fortuna. O lateral dereito, que a pasada campaña xogou co Real Murcia, chega coa carta de liberdade a Vigo para disputar as próximas 4 tempadas co filial celeste, ata 2027.
A pasada campaña, o malagueño de 21 anos tivo unha notable participación no cadro semente, disputando 28 partidos ligueiros nos que repartiu cinco asistencias e meteu dous goles.
O lateral destro, formado na canteira do Real Madrid e que chegou a vestir a Selección Española no 2019 coa sub-17, comezará a preparar xunto cos seus compañeiros o inicio desta campaña 2023/24 baixo as ordes de Claudio Giráldez e todo o seu equipo.