O RC Celta consegue un novo fito nas súas Redes Sociais ao superar os 4 millóns de seguidores. A estratexia dixital do club segue o seu crecemento mes a mes.
A rede social Tik Tok consolídase con case dous millóns de seguidores -en datos consolidados e verificados por Blinkfire, a plataforma de medición de uso da LaLiga Santander- como o principal berce de seguidores celtistas.
Os usuarios de Facebook tamén avalan o traballo dixital do RC Celta superando os 800.000 seguidores e converténdose na segunda rede social con máis siareiros.
A conta oficial de Instagram do primeiro equipo continua o seu crecemento mensual. Ademais na rede social Twitter xúntanse máis de medio millón de fans celtistas. Na canle oficial do RC Celta en Youtube reúnense máis de 50.000 subscritores.
Snapchat é a última rede social onde chegou o RC Celta converténdose no primeiro equipo de LaLiga en ter unha óptico lente propio dentro da plataforma xunto a Real Madrid e FC Barcelona.