Iván Villar é o elixido pola afección como o gañador do ‘Premio Estrela Galicia’ ao mellor Xogador de febreiro. O porteiro do RC Celta agradeceu o seu primeiro galardón: “Agradezo aos meus compañeiros a súa axuda para conseguilo”. O gardián de Aldán asegurou que está “moi contento polo equipo, por esta boa serie de todos e este recoñecemento forma parte de todo o vestiario”. “Atópome moi ben, traballando duro durante a semana e preparando o partido seguinte que sempre é o máis importante” puntualizou Villar. O porteiro quixo puntualizar que “estamos nunha conexión moi boa todos, equipo, adestrador e afección”. E todo isto vese reflectido no campo”.
Centenario