Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 455

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 463

O Centenario do RC Celta, un ano inesquecible cun aluvión de actividades e iniciativas en todos os ámbitos - RC Celta
ESCUDO-1300x400-02
Celtismo

O Centenario do RC Celta, un ano inesquecible cun aluvión de actividades e iniciativas en todos os ámbitos

RC Celta

O Centenario do RC Celta ofrecerá un aluvión de eventos, propostas e iniciativas destinadas ao celtismo e á cidadanía, que foron partícipes directos na elaboración dun espectacular calendario de actividades para conmemorar estes 100 anos de vida do club.

Nos primeiros 50 días do ano, os afeccionados xa coñecen, da man do prestixioso artista Xosé Vizoso, a marca e o cartel do Centenario. Saudaron ao ano 2023 en Abanca Balaídos no partido ante o Villarreal coas actuacións de Keltoi! e Miguel Costas, un multitudinario recibimento ao equipo, as badaladas do Centenario, a repartición de bufandas conmemorativas aos abonados máis novos e o despregamento na Bancada de Río dun gran tifo en homenaxe ás lendas celestes.

Púxose en marcha, da man do Banco de Alimentos de Vigo, unha ambiciosa campaña de recollida de alimentos, ‘100 Anos – 100 Toneladas’, á que aínda quedan varias páxinas por escribir, e recentemente ampliouse, ante o seu gran éxito, a exposición ‘100 Anos de RC Celta. Fútbol e Arte’, inaugurada a finais do pasado mes de xaneiro no Museo do Mar.

Hai só uns días, o club anunciou que o Papa Francisco ofrecerá ao RC Celta unha recepción privada no Vaticano o próximo 10 de xullo á que asistirán tamén abonados celestes.

O club continúa traballando co máximo empeño no desenvolvemento de actividades nos ámbitos, deportivo, social e cultural, entre outros, para ofrecer ao celtismo e aos cidadáns unha celebración á altura dun acontecemento único como é o Centenario.

No corazón da cidade

O Centenario loce no corazón da cidade cunha gran lona situada na contorna da ‘farola de Urzáiz’ para lembrarlle a todos os cidadáns que este é un ano moi especial para Vigo e para o celtismo. Ademais, centos de carteis cos actos do centenario colocáronse por toda a urbe.

A canle de historia con máis seguidores

Unha das accións que se poñerán en marcha nun momento sinalado, a falta de seis meses e ás 19.23 horas, é sinxelamente espectacular. Academia Play, a canle de historia en castelán con máis seguidores en Youtube, compartirá cos seus 3 millóns de subscritores a historia do RC Celta nun marabilloso vídeo que pronto sairá á luz.

O mellor 11 desde 1923

Os seguidores celestes puideron elixir o mellor 11 da historia nunha iniciativa que se puxo en marcha nos últimos días coa colaboración de Estrella Galicia e que permitiu que o celtismo elixise a mellor aliñación celeste desde a fundación do club. Nos próximos días, Estrella Galicia lanzará unha acción moi especial.

Reencontro de xuvenís

A canteira celeste, que terá un gran protagonismo no Centenario, vivirá o reencontro das nosas xeracións de xuvenís. Comezando neste 2023, cada ano producirase unha emotiva reunión do equipo xuvenil de 23 anos atrás para coñecer de primeira man as vivencias daqueles xogadores.

Charlas Ertek

Da man da Facultade de Comunicación de Uvigo, o próximo mes de marzo celebrarase unha edición especial das Charlas Ertek. Comunicación, márketing, finanzas… unha serie de ‘masterclasses’ con directivos do club, patrocinadores, colaboradores, etc.

Conferencias ‘Fútbol de Salón’

Ao longo de 2023, A Sede do RC Celta, e outros escenarios, acollerán unha edición especial das charlas ‘Fútbol de Salón’. Figuras destacadas do fútbol pasarán por lugares emblemáticos como o Salón Rexio para compartir as súas vivencias, historias e coñecementos cos asistentes.

Fases finais Liga Genuine

Do 14 ao 16 de abril, A Madroa será a sede da competición máis querida polo celtismo. Con motivo do Centenario, as instalacións deportivas celestes acollerán unha das fases finais da liga Genuine. O equipo Celta Integra poderá compartir toda a súa Afouteza coa afección celeste.

‘Invasión Centenario’

Haberá tamén unha actividade para toda a familia, ‘Invasión Centenario’. A habitual carreira popular da Fundación Celta de Vigo ofrecerá unha edición especial conmemorativa dos 100 anos de vida do club.

Museo e Tour

Na primavera verá a luz uno dos proxectos ‘estrela’ deste 2023: o Museo e Tour Centenario. Un percorrido pola historia celeste, lendas, anécdotas, momentos especiais… Un espazo para coñecer e gozar dos 100 primeiros anos de vida do RC Celta e tamén unha oportunidade única para acceder aos recunchos máis exclusivos do estadio de Abanca Balaídos.

Gran Concerto

A música tamén estará moi presente neste 2023. Unha das primeiras grandes citas será o ‘Gran Concerto do Centenario’ da Coral Casabranca, que terá lugar o 9 de maio no Teatro Afundación de Vigo. Será unha cita onde a coral presentará un repertorio especial para a ocasión, con varias sorpresas nun concerto inesquecible.

O himno

O Himno do Centenario, unha das iniciativas que creou unha maior expectación, verá a luz tamén na primavera. De momento, o club só pode adiantar que neste proxecto están involucrados, coa maior ilusión, celtistas con gran talento.

Moita máis música

Tamén se celebrarán os ‘Concertos do Centenario’. No verán, o club reunirá durante varias xornadas a bandas e artistas de todos os estilos e xéneros, nacionais e internacionais, aínda que con especial protagonismo para aqueles vinculados co celtismo, a afección, Vigo e Galicia.

O Centenario toma as rúas

Coa chegada do bo tempo, Vigo vestirase de celeste para celebrar o Centenario. No mes de xuño, as rúas da cidade engalanaranse como nunca antes como paso previo á gran cita do 23 de agosto. O RC Celta levará o seu Centenario á avenidas, rúas e localizacións especiais.

Finais campionatos galegos

Co final de tempada terán lugar dúas citas moi especiais da man da Federación Galega de Fútbol: as finais dos campionatos galegos de fútbol base e a final do Torneo Centenario de fútbol amateur.

Copa das Rexións da UEFA

O RC Celta será anfitrión con motivo do Centenario da gran Final da Copa das Rexións da UEFA, un torneo cuxa fase final celébrase en España por primeira vez desde a súa creación en 1999 e na que participa Galicia.

Cidade Deportiva Afouteza

A Cidade Deportiva Afouteza acollerá tamén varios actos do Centenario: visitas de colectivos de Mos, plantación de árbores, charlas e outras actividades

A camiseta

Outra das iniciativas máis esperadas será a relativa á camiseta do Centenario. Darase a coñecer ao final de tempada, aínda que antes as tendas oficiais do RC Celta terán coleccións e edicións limitadas relacionadas coa historia do club.

NFT

Ao fío de pezas especiais e coleccionismo, non pode quedar á marxe o NFT do Centenario. Haberá unha edición especial que se converterá nun recordo eterno desta gran celebración. Ademais, ofrecerá diversas vantaxes relacionadas coas actividades do Centenario.

Publicacións e podcast

Tamén durante o verán verán a luz tres iniciativas moi especiais para poñer en valor este século de vida do RC Celta: o Libro Oficial do Centenario será unha gran peza de coleccionismo para todo o celtismo. Ademais, o club lanzará a publicación ‘100 Anos de Afouteza e Corazón” onde diferentes personalidades do mundo das artes, deporte, xornalismo, etc. contarán en primeira persoa os seus recordos celestes máis especiais.

No podcast do Centenario, os 100 anos de historia celeste contaranse dunha maneira moi especial. Serán seis apaixonantes capítulos que non deixarán indiferente a ninguén

Partido de lendas

No Centenario celeste non pode faltar, por suposto, o fútbol. No verán chegará o esperado partido de lendas. O club traballa nesta gran cita na que moitos dos xogadores máis queridos e emblemáticos volverán vestir a camiseta celeste.

Máis sorpresas

Haberá aínda máis actividades e sorpresas que o RC Celta irá desvelando co paso dos meses deste inesquecible ano do Centenario.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Centenario

Noticias recomendadas