O RC Celta asistiu por segundo ano consecutivo ás sesións de marca, comunicación, estratexia dixital e desenvolvemento de negocio, infraestruturas e tecnoloxía celebradas por LaLiga en Port Aventura World dentro do Plan Impulso.
Unha nutrida representación de directivos do club acudiu a estas xornadas que serven para evidenciar, por encima de todo, que o acordo con CVC -LaLiga Impulso- incentiva a profesionalización dos clubs de LaLiga Santander e LaLiga SmartBank. As sesións de traballo son impartidas por LaLiga, partners e casos de éxito coas que a institución está a traballar moi de preto para maximizar o potencial dos clubs a nivel nacional e internacional.
O denominador común é poñer de manifesto que LaLiga e os clubs están a construír xuntos unha nova era grazas a LaLiga Impulso, como queda claro no crecemento tanto nacional como internacional nos últimos dous anos do RC Celta. O club presentou con total éxito os plans de Impulso situados no grupo máis alto de todos os que compoñen CVC.
Meta, Fever, Dorna o foron xunto a Javier Tebas e os responsables do fondo de investimento algúns dos relatores máis destacados.