Diego Alves Carreira (Río de Janeiro, 24/06/1985) é novo xogador do RC Celta. O porteiro ítalo-brasileiro chega ao equipo celeste -tras a lesión de Agustín Marchesín- como axente libre tras finalizar o seu contrato co CR Flamengo.
O gardameta regresa a LaLiga, onde xa xogou máis de 300 partidos repartidos entre UD Almería e Valencia CF. Diego Alves é internacional con Brasil, selección coa que disputou os Xogos Olímpicos de Pekín 2008 e unha Copa América, ademais de ser posuidor do récord de máis paradas dende o punto de penalti da historia de LaLiga con 22 paradas.