Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 455

Warning: Invalid argument supplied for foreach() in /var/www/vhosts/qa.rccelta.desarrollo.systems/httpdocs/releases/build-152/web/app/themes/rccelta/app/Controllers/App.php on line 463

Gran recoñecemento ao RC Celta: unha das 10 empresas mellor xestionadas de Galicia - RC Celta
ESCUDO-1300x400-02
Novas club

Gran recoñecemento ao RC Celta: unha das 10 empresas mellor xestionadas de Galicia

RC Celta

O constante crecemento do RC Celta e a súa meritoria estabilidade deportiva -afronta a súa décimo primeira tempada consecutiva na máxima categoría do fútbol español- teñen un sustento, unha sólida base sobre a que se impulsan. O club é unha das dez empresas mellor xestionadas de Galicia en función dos ingresos de explotación, segundo recolle o informe Ardán Galicia 2022, elaborado polo Consorcio da Zona Franca. Este importante recoñecemento supón unh gran respaldo ao modelo de xestión do RC Celta, que tamén foi posto como exemplo por LaLiga para o resto dos clubs.

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, destaca que este recoñecemento supón para o club “unha gran satisfacción e a consecuencia dun traballo prolongado, no que tivemos unha dificultade moi grande ao principio, cunha débeda enorme, e tivemos que  tomar medidas bastante drásticas para endereitar o rumbo. O fomos conseguindo aos poucos ata acadar este recoñecemento de estar entre as dez empresas mellor xestionadas entre 32 000 de toda Galicia”

Carlos Mouriño subliña que “supón un respaldo tremenda á xestión que realizamos nestes 16 anos cun modelo de xestión novo”. Reitera que o club foi innovador “para implementar sistemas e facer cambios e así chega este recoñecemento e do de LaLiga de poñernos de exemplo de xestión”.

O pormenorizado estudo do “Informe Ardán 2022: Análise da situación económica e competitiva” foi realizado sobre a actividade desenvolvida no período económico 2018-2020 a un total de 32.627 firmas. Delas, só 501 superaron os criterios basee da indicador “empresa ben xestionada”. No informe reflíctese que “isto nos dá unha idea da dificultade que conleva, pois tan só un 1,54% do total conseguen alcanzalo”.

No informe Ardán precísase que os ingresos das dez empresas que lideran a listaxe representan en torno ao 27% do total facturado polas 501 compañías que conseguiron alcanzar o indicador.

“Para medir o rendemento dunha organización empresarial e valorar a súa competitividade habemos de considerar seis aspectos: mercado, innovación, produtividade, xeración de liquidez, xeración de valor e rendibilidade”, sinala o informe, onde se precisa que “as empresas ben xestionadas responden a varios destes criterios simultáneamente, concretamente aos de crecemento, rendibilidade, produtividade e liquidez con valores por encima da mediana do sector no que se atopan e durante un período de tres anos consecutivos”.

O prestixioso informe apunta que a profesionalización é unha das claves do éxito das firmas ben xestionadas, con “unha xerencia moi profesionalizada, aplicando modelos de dirección avanzados”. O estudo detalla que outra das claves é a innovación que fomenta a procura constante da mellora de produtos e servizos e a planificación das compañías que fan un esforzo por elaborar plans estratéxicos a longo prazo.

Tamén se teñen en conta para valorar a consecución do éxito das empresas  outros aspectos como a externalización de actividades, a diversificación da produción, o control do mercado no que operan ou o respaldo da marca e internacionalización

RC Celta

Etiquetas

Novas club

Noticias recomendadas