O RC Celta pon a disposición dos seus abonados entradas ao prezo de 5 euros e autobuses gratuitos para presenciar as semifinais da Copa do Rei que disputará o equipo xuvenil fronte ao Espanyol o vindeiro mércores ás 19 horas no Anxo Carro de Lugo.
As entradas son exclusivas para os abonados celestes, que poderán adquirir ata un máximo de catro billetes para acompañantes, tamén ao prezo de 5 euros por unidade. O Club pon á súa disposición de forma gratuita autobuses para cubrir o desprazamento e no momento de adquirir as entradas poden elixir si compran con praza de bus ou sen ela. O prazo remata o mércores 13 ás 10.00 horas.
O club facilitará nas próximas horas máis información sobre o lugar no que se recollerán as entradas, que se poden adquirir AQUÍ
Os autobuses sairán desde o Estadio de Abanca Balaídos ás 15.00 horas e regresarán ao término do partido.