O RC Celta repite unha iniciativa xa posta en marcha en anteriores ocasións coa que busca premiar a fidelidade dos seus abonados e fomentar o celtismo entre os máis novos. Ante o Málaga (domingo 8, 18:30, Balaídos) cada abonado celeste poderá levar ao seu mesma bancada a dous nenos de até 15 anos totalmente gratis.
As invitacións poden retirarse nos despachos de billetes de Balaídos no horario habitual de atención ao público (luns a venres de 10 a 14 e de 17 a 20 horas) ou o mesmo día do partido desde as 10 até o inicio do partido. Esta promoción está suxeita á dispoñibilidade de asentos.
Celta-Real Madrid
As entradas para o Celta-Real Madrid, un dos partidos máis atractivos da tempada, tamén están dispoñibles aínda que o día e a hora definitivos do choque están pendentes de confirmación. Este emocionante partido encádrase na xornada 21 da competición ligueira, que se disputará o domingo 5 de febreiro ás 20:45 horas. Para este encontro o club estableceu uns prezos de entre 50 e 70 euros para SUB-25 e de entre 70 e 110 euros para ADULTO.
Ao tratarse dun partido desginado como “Día de Club” os abonados de tempada que tramitaron o seu carné despois do 8 de Xullo e os anuais que o fagan pasado o 31 de Decembro, deberán retirar un suplemento nos despachos de billetes de Balaídos, abertas de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas. As entradas tamén están dispoñibles na web www.celtavigo.org/taquillaCelta.