Primeiro Equipo

LIGA | O Celta sofre en Anoeta a primeira derrota do ano (1-0)

RC Celta

rsocel220117.jpg

 

Anoeta foi escenario da primeira derrota do Celta no ano 2017. A pesar dos altibaixos e as moitas novidades no once inicial, os celestes competiron en todo momento e acariñaron o empate no tramo final do encontro. O gol da Real Sociedade chegou na segunda parte, a balón parado, obra de Juanmi. Toca pensar no partido copeiro do mércores ante o Real Madrid.

 

O Celta ausentouse nos primeiros minutos do partido en Anoeta. A Real Sociedade saíu envorcada ao ataque, metendo medo a un equipo vigués atenazado no arranque do choque. O avance do cronómetro sentou ben ao cadro celeste, que conseguiu recomporse e, por moentos, facerse co control do encontro.

 

Rossi e Sisto exhibiron a súa inmensa calidade e ganduxaron varias xogadas meritorias. Na mellor delas o danés, asistido por Rossi, plantouse só ante Rulli, quen despexou o remate do céltico. A segunda parte tivo guión inverso á primeira. O Celta comezou ben, pero foi a Real a que aos poucos gañou terreo até facerse coa batuta do choque.

 

Os de Donostia reactivaron o seu xogo e foron protagonistas durante o últimos vinte minutos do partido, asediando sen descanso a portaría galega. O gol local chegou no 71, obra de Juanmi de cabeza tras un saque de esquina.

 

A entrada de Radoja, Guidetti e Aspas deu osíxeno ao Celta. O internacional sueco, como sempre traballador ao máximo, apareceu primeiro para asistir a Sisto e máis tarde para asinar un espectacular remate de espuela que se marchou fóra por moi pouco. Os de Berizzo reviviron na recta final do partido e rozaron un empate que non chegou.

 

FICHA TÉCNICA

1-R. SOCIEDAD: Rulli, Zaldua, Íñigo, Raúl Navas, Yuri, Granero, Canales (Gaztañaga, min.79), Zurutuza, Vela (Xabi Prieto, min.70), Willian José (Oyarzabal, min.62), Juanmi.

 

0-CELTA: Sergio, Roncaglia, Sergi Gómez, Fontàs, Planas, Pape (Iago Aspas, min.83), Pablo Hdez., Jozabed (Radoja, min.67), Sisto, Señé (Guidetti, min.73), Rossi.

 

Goles: Juanmi, 1-0, min.71.

 

Árbitro: Del Cerro Grande, do comité madrileño. Amonestou a Yuri, Juanmi (R.Sociedad); Planas, Rossi (Celta).

 

Campo: Anoeta.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas