jozabed.jpg
Primeiro Equipo

Jozabed: “Veño a un dos mellores equipos da Liga”

RC Celta

jozabed.jpg

 

Jozabed Sánchez, novo xogador do RC Celta, presentouse este venres no estadio de Balaídos ante medios de comunicación e afeccionados. O centrocampista estivo acompañado polo conselleiro Antonio Rosendo, quen deu a benvida ao futbolista en nome da institución, e o director deportivo Felipe Miñambres: “Esperamos que nos achegue todo o que demostrou na súa anterior etapa en LaLiga”, subliñou o directivo céltico en referencia ao seu gran papel no Rayo Vallecano a pasada tempada.

 

O mediapunta andaluz iniciou a súa comparecencia encomiando ao club e a filosofía do equipo de Eduardo Berizzo: “O Celta é un club serio e cun estilo de xogo moi bonito. É un do seis ou sete mellores equipos de España e así o demostrou”, asegurou. Jozabed definiu a súa posición no campo como a de “un centrocampista ofensivo e con chegada. Adáptome moi ben á mediapunta” e afirmou que está preparado “para debutar xa”.

 

O xogador tamén fixo referencia ao rival do Celta nos 1/4 de final da Copa, o Real Madrid, un rival “difícil” ante o que os celestes deben manter a súa identidade: “Este equipo demostrou que pode gañar a calquera”, declarou. Jozabed levará o dorsal 16.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas