Primeiro Equipo

FICHAXE | O RC Celta enriquece a súa proposta con calidade e definición: Jozabed Sánchez

RC Celta

jozabed-1-130117.jpg

 

A media punta Jozabed Sánchez xogará cedido no RC Celta até fina de tempada, segundo o acordo alcanzado co Fulham inglés que establece ademais unha opción de compra para o conxunto celeste. O centrocampista ofensivo andaluz, un mediapunta que se desenvolve con solvencia en diferentes posicións da medular e o ataque, chamado a reforzar a posición de media punta e interior, chega avalado pola súa última tempada na Primeira División Española, a 2015/2016, na que, enrolado no Rayo Vallecano, ofreceu un rendemento extraordinario: anotou nada menos que dez goles en 27 partidos de Liga.

 

Jozabed Sánchez Ruiz (8 de marzo de 1991; Mairena del Alcor, Sevilla) debutou no ano 2011 no Sevilla Atlético, de onde partiu cara á SD Ponferradina. Tras xogar en Real Jaén, Jozabed asinou polo Rayo, onde despuntou excesivamente na campaña 15/16 con dez goles e tres asistencias.

 

Na tempada actual foi traspasado ao Fulham, onde disputou un total de dez partidos en competicións oficiais.

 

Jozabed será presentado esta mesma tarde ás 17.00 horas na sala de prensa de Balaídos. A afección poderá acceder á bancada de Tribuna Baixa (puerta 2) para dar a benvida ao xogador.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas