O Celta encarrilou a eliminatoria de oitavos de final cun partido soberbio en Valencia que lle permite afrontar o encontro de volta dentro dunha semana cunha ampla vantaxe (1-4). Iago Aspas, Bongonda e Wass anotaron na primeira metade e Guidetti na segunda.
O partido arrincou de maneira espléndida para os celestes. Penalti sobre Pablo Hernández e gol de Iago Aspas ao tres minutos de xogo. E seguiu así. Na seguinte chegada do equipo vigués, aos 14 minutos, Bongonda anotou o segundo cun lanzamento cruzado que rebotó nun defensor e superou a Jaume.
E máis. Aos 19 minutos, bo pase en profundidade de Tucu Hernández a Bongonda e envío maxistral do belga cara a Daniel Wass, quen rematou de primeiras á rede. Espléndida primeira metade do Celta, que despois controlou ben o choque e mesmo dispuxo de máis achegamentos con perigo.
Tras a continuación, recital celeste, con control absoluto, boas ocasións… e pau aos 12 minutos, Erro defensivo que provoca a na primeira chegada da Valencia, penalti sinalado polo colexiado e gol de parello desde o once metros. O tanto resucitou a unha Valencia até ese momento absolutamente superado.
O equipo vigués, que nunca baixa os brazos, anotou o cuarto tanto a falta dun cuarto de hora. De novo pase maxistral de Bongonda a Guidetti, quen regateou ao porteiro e marcou coa zurda. Partido magnífico e ampla vantaxe para o partido de volta dos oitavos de final da Copa do Rei.
FICHA TÉCNICA
1-Valencia CF: Jaume, Cancelo, Jiménez, Mario Suárez, Siqueira, Enzo Pérez (Carlos Soler, min.46), Medrán (Bakkali, min.59), Parejo, Santi Mina, Munir, Rodrigo (Mir, min.79).
4-RC Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Roncaglia, Jonny, Marcelo Díaz, Radoja, Wass (Sisto, min.83), Pablo Hernández (Pape, min.78), Bongonda y Iago Aspas (Guidetti, min.71).
Goles: 0-1, min.3: Iago Aspas, de penalti; 0-2, min.14: Bongonda; 0-3, min.19: Wass; 1-3, min.58: Parejo, de penalti; 1-4, min.75: Guidetti.
Árbitro: Estrada Fernández, do comité catalán. Amonestou a Medrán, Enzo Pérez, Siqueira, Muniain (Valencia); Sergio (Celta).
Campo: Mestalla.