Primeiro Equipo

COPA | O Celta certifica o seu pase a oitavos de Copa e pecha o ano “vivo” en tres competicións

RC Celta

copa221216.JPG

 

O Celta foi certificou o seu pase aos oitavos de final da Copa do Rei impóndose ao UCAM Murcia con claridade. Os de Berizzo afrontaban o partido de volta cunha vantaxe de 1-0 na eliminatoria tras o resultado cultivado en Murcia e non deixaron lugar á sorpresa dominando o choque desde o primeiro minuto.

 

Marcelo Díaz puxo o primeiro gol nun lanzamento de falta directa executado á perfección. O internacional chileno puxo o balón con mestría na escuadra dereita, un tanto que premiaba o xogo do equipo vigués. Na segunda parte repetiuse o monólogo celeste. O cadro galego foi dono do balón e mantivo o control do partido en todo momento, pero non estivo atinado de face a porta.

 

O choque finalizou co Celta vencendo pola mínima, 1-0, do mesmo xeito que no partido de ida. Suficiente para seguir adiante na competición copeira. A RFEF celebrará o sorteo dos oitavos de final este venres e poderase seguir en directo en www.rfef.es

 

FICHA TÉCNICA

1-CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Radoja, Marcelo Díaz, Pablo Hdez. (Wass, min.61), Señé (Bongonda, min.79), Sisto, Rossi.

 

0-UCAM: Ribas, Tekio, Hugo Álvarez, Unai, Morillas, Juande, Basha, Collantes, Natalio (Imaz, min.70), Vicente (Nono, min.63), Jona (Pallarés, min.75).

 

Resultado global: 2-0 (ida: 0-1; vuelta: 1-0).

 

Goles: Marcelo Díaz, 1-0, min.29.

 

Árbitro: Vicandi Garrido, do comité vasco. Amonestou a Morillas (UCAM).

 

Campo: Balaídos, 9.161 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas