Primeiro Equipo

LIGA | Un Celta brillante cae no desconto en San Mamés (2-1)

RC Celta

radojaathcel1617.jpg

 

Día aciago en San Mamés. O RC Celta asinou un dos seus mellores partidos da tempada, brillante, con dominio do xogo desde o primeiro minuto. Os de Berizzo tiveron ocasións inmellorables para chegar ao descanso cunha clara vantaxe no marcador, pero non foi así. Primeiro Guidetti e despois Iago Aspas fallaron no un a un co porteiro, o de Moaña enviando o balón á madeira.

 

Na segunda parte Aspas resarciuse marcando o tanto celeste. A lóxica facía pensar que o tres puntos iríanse para Vigo, pero un penalti de Roncaglia, expulsado coa segunda amarela, puxo as cousas costa arriba a falta de dez minutos para o asubío final. Aduriz non fallou a pena máxima e, xa no tempo de desconto, San José culminou a remontada do Athletic ante un Celta que mereceu moito máis.

 

FICHA TÉCNICA

2-ATHLETIC: Kepa, Lekue, Bóveda, Yeray, Balenziaga, Vesga (San José, min.46), Beñat, Williams, Raúl García (Merino, min.73), Muniain (Susaeta, min.63), Aduriz.

 

1-CELTA: Rubén, Hugo Mallo, Cabral, Roncaglia, Jonny, Radoja, Wass, Pablo Hdez., Iago Aspas (Sergi Gómez, min.82), Bongonda (Sisto, min.86), Guidetti (Marcelo Díaz, min.70).

 

Goles: Iago Aspas, 0-1, min.54; Aduriz, 1-1, min.82 (de penalti); San José, 2-1, min.93.

 

Árbitro: Martínez Munuera, do comité valenciano. Amonestou a Vesga, Raúl García, Lekue y Yeray (Athletic); Pablo Hdez. e Guidetti (Celta). Expulsou a Roncaglia con dobre amarela no minuto 80 (Celta).

 

Campo: San Mamés.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas